Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A igualdade na escola centra o último Ciberfaladoiro Feminista 2020 da Deputación e o Foro Maruxa Mallo

Faladoiros Feministas
muller
A experta en proxectos educativos en igualdade de xénero Sonia Fernández Casal abordará a coeducación na escola nun coloquio que poderá seguirse mañá, ás 19:30 horas ,en YouTube

Con esta charla, a Deputación de Lugo e o Foro Feminista Maruxa Mallo pechan o ciclo de faladoiros feministas deste no organizado para sensibilizar e avanzar na igualdade real e efectiva, loitar contra a violencia de xénero e empoderar ás mulleres

O ciclo de Ciberfaladoiros Feministas 2020 que organiza a Deputación de Lugo e o Foro Feminista Maruxa Mallo remata este venres coa participación da mestra e especialista en educación en igualdade, Sonia Fernández Casal, que impartirá a charla online: Desaprendendo o sexismo desde as aulas: o dereito á coeducación. O coloquio abordará a construción dunha escola coeducadora na que se erradique o sexismo, o androcentrismo ou os valores patriarcais no sistema educativo.

Fernández Casal é mestra de Secundaria e responsable de Igualdade no IES Plurilingüe Fontexería. Cursou o Máster en Xénero e Políticas de Igualdade pola UDC e foi galardoa co Premio Concepción Arenal polo proxecto educativo de igualdade de xénero Nós tamén navegar. 

O encontro retransmitirase a través da canle de YouTube de Nomenklaturas Gestión Cultural, ás 19:30 horas. Está aberto á participación do público a través de whatsapp no número de teléfono: 690.117.254.

Os Faladoiros Feministas da Deputación de Lugo e o Foro Feminista Maruxa Mallo retomáronse en outubro transformados en Ciberfaladoiros para adaptarse á nova normalidade e darlle a oportunidade á veciñanza da provincia de participar a través de internet. Os encontros foron organizados para sensibilizar e avanzar na igualdade real e efectiva, loitar contra a violencia de xénero e empoderar ás mulleres.

No marco deste ciclo, a periodista Mabel Lozano presentou por primeira vez en Galicia o seu novo libro PornoXplotación de denuncia da trata. Tamén participaron a xurista experta en maternidade, lactancia e dereito sanitario Marta Busquets, a especialista en políticas de igualdade Carmen Castro, e a experta en sostibilidade enerxética Sonia Ramos Galdo.