Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación colabora con AFALU para o programa de estimulación cognitiva de persoas con Alzhéimer

alzheimer
afalu
O Presidente asinou este martes un convenio coa presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo a través do que a institución provincial achega 20.000€ á entidade

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes un convenio de colaboración coa presidenta da  Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (AFALU), Carmen Pena, polo que a institución provincial destina 20.000€ para a contratación dun auxiliar e un psicólogo para o programa de estimulación cognitiva.

O programa de estimulación cognitiva que leva acabo AFALU, financiado pola Deputación, ten como finalidade mellorar a autonomía e independencia persoal, así como manter e recuperar capacidades das persoas con Alzhéimer para enlentecer ao máximo o avance da enfermidade. 

Concretamente, o auxiliar e o psicólogo desenvolverán cos usuarios da asociación terapias de orientación á realidade, de rehabilitación das habilidades cognitivas como a linguaxe, a memoria, a atención e a xestualidade, de psicomotricidade, musicoterapia, laborterapia e ludoterapia. Así mesmo, a achega da institución provincial permite ao colectivo ofrecer formación especializada, atención psicolóxica e familiar.