Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Mercedes Prieto celebra o seu 100 aniversario no Centro de Atención a Maiores de Trabada

centros de atención a maiores
Trabada
centenario
O persoal do centro organizou para esta data especial actividades, degustaron un menú escollido por ela e fixeron unha merenda na que se proxectou un vídeo con fotografías que facían un percorrido pola súa vida dende a súa nenez

Mercedes Prieto Fernández, veciña de Trabada e usuaria do Centro de Atención a Maiores que a Deputación de Lugo ten nesta localidade mariñá, celebrou este xoves o seu 100 aniversario. Foi a protagonista neste día onde ela escolleu para o xantar cos seus compañeiros e compañeiras a súa comida favorita: caldo e enfariñada. 

Pola tarde, traballadores e usuarios realizaron unha merenda especial para celebrar todos xuntos a festa do centenario. Ademais, Mercedes recibiu a visita da súa familia, que de forma excepcional e seguindo unhas medidas moi estritas de distanciamento e protección fronte á Covid-19, a acompañaron nesta data tan especial. 

Durante a merenda proxectáronse varios vídeos, entre eles, un moi emotivo elaborado con fotografías proporcionadas pola familia de Mercedes nas que se lembraban momentos especiais da súa vida dende a súa nenez.