Deputación de Lugo
Innovación e TIC

A web da Deputación Mide a túa saída recibe preto de 11.000 visitas só nos dous primeiros días da desescalada

Mide a túa saída
coronavirus
Aplicación Mide a túa saída
A ferramenta, activada o venres, permítelle aos cidadáns calcular o límite exacto ata o que pode chegar dende a súa casa cumprindo coas normas fixadas polas autoridades para saír cos nenos, dar paseou ou desprazarse a hortas de autoconsumo

A Deputación de Lugo activou o pasado venres a aplicación gratuíta Mide a túa saída (https://mideatuasaida.deputacionlugo.org/), unha ferramenta que facilita os desprazamentos e calcula o límite exacto ao que pode chegar cada persoa dende a súa casa durante a transición á normalidade establecida pola crise do coronavirus. A web obtivo unha moi boa acollida, e só nos dous primeiros días da desescalada, recibiu preto de 11.000 visitas.

Máis de 4.000 visitas foron realizadas dende a provincia de Lugo, outros lugares que amosaron gran interese pola aplicación foron Madrid (1.995 visitas), A Coruña (734 visitas), Valladolid (446 visitas), Santiago de Compostela (356 visitas), Vigo, Barcelona(198 visitas), Burgos e Palencia. 

A aplicación pódese utilizar en calquera dispositivo electrónico, aínda que por comodidade e utilidade, recoméndase o seu uso en teléfonos móbiles ou tablets. O seu funcionamento é moi doado, e só é necesario que se active a ubicación no dispositivo e se lle dea permiso á web para acceder a esta información.Desta maneira, Mide a túa saída procede ao cálculo do perímetro, quedando rexistrada a posición inicial do usuario como punto de referencia, que debe ser o lugar no que se reside. A partir de aí, amosa un mapa que sinala cunha cor vermella o radio de 1 quilómetro ou de 5 quilómetros, en función da actividade que se desexe desenvolver, saír cos nenos, dar un paseo ou desprazarse ás hortas de autoconsumo.