Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O feminismo e a maternidade centran o novo Faladoiro Feminista deste venres, a cargo da xurista Marta Busquet

feminismo
Igualdade
O feminismo e a maternidade centran o novo Faladoiro Feminista deste venres, a cargo da xurista Marta Busquet

O centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo acollerá este venres, ás 20:00 horas, un novo faladoiro feminista que abordará o feminismo e a maternidade. Estará a cargo da xurista e activista Marta Busquets, licenciada en Dereito que se especializou en Dereito sanitario centrado nos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, así como no Dereito en relación coa lactancia e a maternidade.

Os Faladoiros Feministas son un programa de coloquios gratuítos impulsados pola Deputación, coa colaboración do Foro feminista Maruxa Mallo, e teñen como obxectivo crear un espazo de reflexión da actualidade dende a mirada das mulleres. As próximas citas serán o 24 de abril con Camen Castro; e o 22 de maio con Mabel Lozano.