Deputación de Lugo

A Deputación prevé sacar este ano máis de 200 contratos de obras, servizos e subministros por 20 M€

PABLO RIVERA
procedementos contratación
Rolda Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno tamén aprobou a licitación do contrato de subministro de emulsión asfáltica para o Parque Móbil por preto dun 1M€

A Xunta de Goberno aprobou este venres o Plan de Contratación do ano 2020, un documento que fai unha previsión estimativa dos procedementos de contratación de servizos, subministros e obras que desenvolverá a Deputación de Lugo ao longo deste ano. Segundo explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, este plan, de obrigada elaboración para as administracións segundo establece a Lei de Contratos do Sector Público,prevé que a Deputación sacará adiante neste ano máis de 200 contratos por un importe total duns 20M€.

“É un documento de traballo que reflicte a capacidade de planificación, xestión e transparencia deste goberno. Con este plan resulta tamén unha boa oportunidade para mellorar o funcionamento da estrutura desta Deputación xa que se traballa con previsión de futuro, e coa racionalización de medios e tempos”, subliñou Rivera. 

Por outra banda, na Xunta de Goberno de hoxe tamén se lle deu o visto bo á licitación do contrato de subministro de emulsión asfáltica para o Parque Móbil, un dos principais instrumentos de cooperación cos Concellos da Deputación. “Será un contrato cunha duración dun ano, prorrogable por outro e o orzamento co que sae a contratación ascende a preto de un millón de euros”