Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle o sorteo da campaña Neste Nadal o comercio local, tamén dixital

José Tomé Roca
federacion galega de comercio
Sorteo campaña Nadal

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos no sorteo dos premios da campaña Neste Nadal o comercio local, tamén dixital impulsada nas pasadas datas festivas pola Federación Galega de Comercio co apoio económico de 32.000€ da institución provincial. Esta acción estivo dirixida a fomentar as vendas no comercio de proximidade da provincia e reivindicar este sector como un motor fundamental da súa economía. A participación nesta edición foi moi significativa, rexistráronse 34.440 tíckets, o que supuxo un incremento do 3% con respecto ao ano anterior. As compras realizáronse en 5.500 establecementos de 40 localidades na provincia de Lugo. No sorteo repartíronse un total de 10.000 euros distribuídos en 40 tarxetas prepago de 300 e 200 euros.