Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación súmase aos actos de celebración do 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno

Dereitos do Neno
Pazo de San Marcos

O Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, tínguese este mércores de cor azul para celebrar o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno. Na praza, nun dos mupis situados fronte ao edificio provincial, proxéctase ao longo de todo o día de hoxe un vídeo elaborado polos Servizos de Audiovisuais da entidade provincial con imaxes de nenos e nenas de diferentes países e etnias para tratar de visibilizar os desafíos aos que se enfronta a infancia ao redor do mundo en materia de saúde, nutrición e educación. A Deputación súmase así á rede de Cidades Amigas da Infancia en Galicia, que iluminarán os seus monumentos máis emblemáticos.