Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo súmase ao rosa con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama

Día Internacional do Cancro de Mama
O Pazo de San Marcos tínguese de rosa.IMG01
A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana Abelleira, participou este sábado xunto a colectivos sociais, afectadas e veciños e veciñas no acto de sensibilización promovido por AECC, o Concello de Lugo e o Grupo El Progreso

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana Abelleira, participou este sábado nos actos do Día Internacional contra o Cancro de Mama que se celebraron na Praza Maior de Lugo. Unha iniciativa promovida pola Asociación Española Contra o Cancro, en colaboración co concello da cidade de Lugo e o Grupo El Progreso. 

Ademais, a fachada do Pazo de San Marcos ilumínase esta fin de semana de cor rosa e dela pendura un lazo conmemorativo como mostra de apoio da Deputación de Lugo á loita contra o cancro de mama. Con estes xestos, a institución provincial súmase á campaña de concienciación sobre esta doenza e insiste sobre a importancia de acudir a controis e a probas para poder detectala a tempo; temas sobre os que este ano pon o foco a Asociación Española contra o Cancro no Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama.  

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, subliña que “queremos amosar o noso máis sincero apoio ás afectadas por esta enfermidade e aos seus familiares, e tamén reivindicar a importancia da prevención para atallar o problema dende o principio”. 
 

Actos con motivo do Día Internacional do Cancro de Mama.IMG02