Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación renova o compromiso coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

José Tomé Roca
Pobo Saharauí
Firma  convenio

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo un encontro este martes no Pazo de San Marcos, coa representante da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, María Isla Avión. Fíxoo co fin de asinar o convenio regulador da subvención nominativa que achega a Deputación a esta entidade social, por un valor de 8.000€. A través desta axuda, a institución provincial colabora co Programa Vacacións en Paz, co que nenos e nenas saharauís pasan os meses de xullo e agosto con familias de acollida lucenses. Esta iniciativa realízase dende o ano 1991 e conta cun carácter marcadamente humanitario, no que os participantes reciben asistencia médica, unha boa alimentación ou aprenden o idioma e a cultura galegos.