Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación mantén un encontro co Comisario da Policía Nacional de Lugo

presidente
José Tomé Roca
Policía
O Presidente da Deputación mantén un encontro co Comisario da Policía Nacional de Lugo

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo este xoves no Pazo de San Marcos un primeiro encontro co Comisario da Policía Nacional de Lugo, José Mª Esteban Corral, no que ambos subliñaron o seu compromiso e colaboración para garantir a seguridade na provincia. Esta entrevista forma parte dunha ampla axenda de reunións con representantes municipais e entidades e colectivos lucenses coas que Tomé Roca continúa pulsando as necesidades da provincia.