Cooperación concellos
Deputación de Lugo
Parque móbil

A Deputación licita por 750.000€ a conservación das estradas provinciais da zona da Montaña

Xunta de Goberno
Vías e Obras
Rede provincial de estradas
a fonsagrada
Ribeira de Piquín
Negueira de Muñiz
Navia de Suarna
Roda de Prensa da Xunta de Goberno
O prego que rexe a contratación do servizo inclúe novas cláusulas sociais que defenden os dereitos dos traballadores, favorecen o emprego feminino na obra pública, o emprego fixo e de calidade, á pequena empresa e a protección do medio ambiente

A Xunta de Goberno deste venres aprobou sacar a contratación o lote 5 do servizo de conservación da rede viaria provincial, que é o correspondente á zona da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna. Segundo explicou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, a Deputación licitou conxuntamente o ano pasado os 8 lotes nos que está dividido o contrato de conservación de estradas provinciais por un importe total de 6,4M€ para tres anualidades, de 2019 a 2021, pero para o lote 5 non se presentou ningunha oferta. Por iso, agora volve a saír a contratación por separado. 


O procedemento é negociado, tal e como contempla a Lei de Contratos do Sector Público, segundo a que se pode aplicar este sistema nos casos nos que non se presenta ningunha oferta e no se modifican substancialmente as condicións iniciais. De feito, o orzamento base de licitación é o mesmo: 751.627,80 para as tres anualidades.


A voceira socialista lembrou que o prego que rexe a contratación do servizo de conservación da rede viaria provincial inclúe novas cláusulas sociais que defenden os dereitos dos traballadores, favorecen o emprego feminino na obra pública, o emprego fixo, o emprego de calidade, á pequena empresa e a protección do medio ambiente.