Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación mellora a entrada do polígono industrial San Xulián de Sarria

Sarria
infraestruturas
Imaxe deputación de lugo
As obras aprobadas este venres en Xunta de Goberno consistirán na mellora do firme do acceso polígono industrial de Sarria cunha cun importe de 40.000 euros

A Xunta de Goberno aprobou este venres a mellora do acceso do polígono industrial de San Xulián de Sarria cunha chega económica de 40.000 euros. O polígono industrial do municipio conta cunhas 15 empresas, entre elas as instalacións do matadoiro municipal.

Nesta zona o tránsito de camións é moi elevado polo que é necesario levar a cabo unha mellora na estrada. As obras consistirán na regularización do firme existente e na pavimentación de aglomerado quente.