Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle unha xornada formativa sobre a protección de datos persoais na administración pública

Formación
LOPD
xornada LOPD
- Trátase dunha iniciativa que organiza Deputación e Fundación Democracia y Gobierno Local e que terá lugar xoves 11 de abril no Salón de Actos do Pazo de San Marcos
- A xornada ten como misión ofrecer a técnicos municipais e especialistas unha visión sobre as obrigas no cumprimento da normativa de Protección de Datos persoais na Administración Local
- Está dirixida Alcaldes, Concelleiros, Deputados, Secretarios, Interventores, Directores de Asesorías Xurídicas, Letrados e outros funcionarios locais, personal académico... O prazo de inscrición está aberto en www.deputacionlugo.gal

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, presentou este mércores as Xornadas sobre Protección de Datos, que organiza a Deputación de Lugo e a Fundación Democracia y Gobierno Local. Terá lugar o vindeiro xoves 11 de abril, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, de 9:00 a 14:30 horas. O prazo de inscrición está aberto en www.deputacionlugo.gal 

Santos Ramos informou que a  xornada ten como misión ofrecer ao público asistente unha visión sobre as obrigas no cumprimento da normativa de Protección de Datos persoais na Administración Local, afondando en aspectos como os conceptos xerais da mesma, as obrigas das entidades locais como responsables do tratamento, designación do Delegado de Protección de Datos e papel deste, rexistro de actividades do tratamento, dereito de información, adaptación de contratos, adaptación de políticas; atención aos dereitos dos interesados e especial referencia aos tratamentos que se realizan nos Concellos: datos do padrón, dos Plenos municipais, etc... 

Tamén se estudiarán as medidas de seguridade na Administración Local en relación coa protección de datos persoais, e poranse en valor por último as experiencias levadas a cabo na aplicación da normativa de referencia na Deputación de Pontevedra e os novos retos futuros en materia de rexistro electrónico, transparencia e protección de datos na Deputación de Sevilla. 

Programación da xornada
A xornada arranca as 9:00 horas, coa inauguración oficial a cargo do Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Director da Fundación Democracia y Gobierno Local, Ramón Camp i Batalla. Ás 9:30 horas terá lugar a conferencia Cumprimento da normativa de Protección de Datos Persoais da Administración Local, á cargo da Xefa da Área do Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos, Ana Vázquez Ruiz. 

De seguido, ás 12:00 horas, será a conferencia Protección de datos personais e medidas de seguridade na Adminstración local, a cargo da licenciada en dereito e Directora Técnica de Datalawyers, experta en protección de datos e seguridade da información, Eva Rivera Fernández. As 13:00 horas, terá lugar Experiencia levadas a cabo na aplicación da normativa de protección de datos na Deputación de Pontevedra, a cargo do Delegado de Protección de Datos da Deputación de Pontevedra, Luís Feijóo García. 

As 13;45 horas, celebrarase a conferencia A Deputación de Sevilla ante os novos retos de rexistro electrónico, transparencia e protección de datos, a cargo do Secretario Xeral da Deputación de Sevilla, Fernando Fernández-Figueroa Guerrero. Por último, ás 14:30 horas, será a clausura, a cardo do Xerente da Fundación Democracia y Gobierno Local, José Luís Moreno Torres.