Deputación de Lugo
Medio ambiente

O I Raid Fonsagrada reuniu a máis de 170 participantes nas modalidades Élite, Aventura e Orienta-Raid

a fonsagrada
deporte
deporte de aventura
I Raid Fonsagrada
A cita celebrouse este sábado 9, é a primeira proba da Liga Galega de Orientación e contou con 53 equipos divididos en tres modalidades: Élite, Aventura e Orienta-raid

Os máis de 170 participantes competiron unindo a orientación, o trekking, o ciclismo de montaña, e o kayak, ademais dunha proba especial de tiro con arco

O I Raid Fonsagrada reuniu este sábado no municipio da Montaña Lucense a máis de 170 participantes de 53 equipos, divididos en tres modalidades: Élite, Aventura e Orienta-Raid. A proba foi organizada pola Federación Galega de Orientación, coa colaboración do Concello e da Deputación. Tratouse da primeira cita da Liga Galega de Orientación e constituíu, ademais, o Campionato Galego 2019.

Na competición os deportistas uniron trekking, MTB e kayak. Ademais tamén se levou a cabo unha proba especial de tiro con arco. Ao final da xornada levouse a cabo a entrega de trofeos aos mellores clasificados das tres modalidades.

A cita contou cun gran nivel de competición, xa que os participantes non só compiten en probas da Federación Galega de Orientación, se non que tamén o fan en probas de carácter nacional ou nalgún caso internacional.

I Raid Fonsagrada
I Raid Fonsagrada