Deputación de Lugo
Infraestruturas

Máis dun cento de veciños do Incio se benefician das melloras na LU-P-2503, ás que a Deputación destinou 55.000 euros

O Incio
infraestruturas
Supervisión obras LU-P-2503
Campos Conde e Celeiro García supervisaron o resultado das melloras desta vía que comunica a capitalidade do municipio, a Cruz do Incio, con outros núcleos de poboación, como Foilebar, así como co Concello de Samos

O Presidente explicou que “dende o Goberno da Deputación continuamos a realizar obras de mellora en todos e cada un dos municipios lucenses, o que nos converte no motor económico e social da provincia”

As actuacións consistiron na limpeza de cunetas, e mellora do firme con aglomerado en quente e, incremento da seguridade con instalación de sinalización horizontal e vertical

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García, supervisaron este martes as obras de mellora que o Executivo Provincial financiou con 55.600 euros nunha estrada provincial neste municipio. Trátase da LU-P-250, que vai desde O Incio, por Foilebar e Vilarxoan, ata a LU-P 5603, na que se executaron melloras nun treito de 1,6 quilómetros.

Campos Conde sinalou que “dende o Goberno da Deputación continuamos a realizar obras de mellora en todos e cada un dos municipios lucenses, o que nos converte no motor económico e social da provincia. Facémolo porque defendemos a igualdade de oportunidades, vivas onde vivas, impulsando a dotación de servizos públicos, especialmente no rural, co fin de facilitar o día a día dos nosos veciños”.  

Celeiro García, quen agradeceu a constante colaboración da Deputación para mellorar infraestruturas no Concello, explicou que os traballos beneficiarán a máis dun cento de veciños, que comunica a capitalidade do municipio, a Cruz do Incio, con outros núcleos de poboación, como Foilebar, así como co Concello de Samos.

As actuacións consistiron na limpeza de cunetas, e mellora do firme con aglomerado en quente e, incremento da seguridade con instalación de sinalización horizontal e vertical.