Deputación de Lugo
Emprego

Aberto o proceso de selección de 6 novos postos de traballo do DepuEmprego en Vilalba

Vilalba
DepuEmprego
Imaxe deputación de lugo
Trátanse de 6 perfiles de peón que están destinados a persoas anotadas como demandantes de emprego no INEM, cos que reforzar os servizos que o Concello ofrece aos veciños

Os interesados deben dirixirse ao INEM ou aos Concellos para concorrer e poden atopar información no BOP e na web da Deputación www.deputacionlugo.com

No último ano, o Goberno da Deputación financiou un total de 308 postos de traballos en 66 Concellos da provincia. Faino cun investimento de 3,5 millóns de euros distribuídos en base a criterios obxectivos

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este xoves que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección de 6 novos postos de emprego para traballar como peón en Vilalba. Farano grazas ao DepuEmprego, o programa de creación de emprego da Deputación para Concellos de menos de 20.000 habitantes. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.

Para concorrer a calquera dos postos, as persoas interesadas que desexen participar no proceso de selección, deberán enviar as súas solicitudes dende hoxe 4 outubro, no INEM. Máis información, no propio Concello de Vilalba.

Os interesados deberán dirixirse ao INEM ou ao Concello para realizar os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de recepción de solicitudes. Máis información no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello ou en www.deputacionlugo.gal, no que hai un espazo habilitado.