Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación patrocina a V Marcha Contra o Cancro de Lugo

AECC
EFRÉN CASTRO
Marcha Contra o Cancro de Lugo
O vicepresidente de deputado de Deportes Efrén Castro presentou esta cita que terá lugar o 4 de maio que ten saída na praza da Horta do Seminario

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro participou na presentación da V Marca Contra o Cancro de Lugo que organiza a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) co patrocinio da Vicepresidencia provincial. A praza da Horta do Seminario será o 4 de maio o punto de saída de todas as competicións na que se inclúen diferentes idades e niveis.

A proba inclúe unha andaina para todas as idades ademais da carreira nas categorías Pitufos e pitufas, Sub 10, Sub 14 e adultos, que correrán 5 quilómetros. Efrén Castro sinalou que dende a área de deportes “estamos encantados de colaborar un ano máis con esta iniciativa solidaria, organizada co obxectivo de recadar fondos para a loita contra esta doenza e financiar iniciativas que melloren a vida dos pacientes oncolóxicos e as súas familias”.

“É un evento que incide na importancia do deporte, da actividade física como parte dunha vida saudable. E que reflicte, como se puido ver ao longo de todos estes anos, a capacidade do deporte popular para xerar espazos de convivencia”, destacou o Vicepresidente e animou á sociedade lucense a inscribirse nalgunha das probas.

O prazo de inscrición está aberto ata o martes 30 de abril a través da súa páxina web,  https://lugocontraocancro.es/, cun prezo de 5€ en categoría infantil e 10€ para adultos. A AECC Lugo destinará o diñeiro recadado a proxectos asistenciais e de prevención que desenvolve a entidade e á investigación oncolóxica.