COMISIÓNS INFORMATIVAS E DE SEGUEMENTO


 

A Deputación creará Comisións Informativas integradas exclusivamente por membros da Corporación.

Son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que deban ser sometidos á decisión do Pleno, agás no caso dos asuntos declarados urxentes, ou sobre os asuntos competencia da Xunta de Goberno e/ou do/a Presidente/a.

As Comisións Informativas constitúense por acordo plenario, determinando o seu número e denominación. Tamén se constituirán por acordo do Pleno aquelas Comisións informativas con carácter temporal para temas específicos.

Os vogais integrantes de cada Comisión serán designados, no número que corresponda, polos grupos políticos correspondentes, comunicándollo os voceiros de cada grupo ao Presidente/a no prazo dos cinco días seguintes á súa creación.

En cada unha das Comisións informativas poderán constituírse relatorios ou grupos de traballo para o estudo concreto de determinadas materias con carácter non permanente, nas que poderán integrarse funcionarios para informar e asesorar, podendo así mesmo solicitarse outros asesoramentos.

O presidente/a das Comisións informativas é o titular da Deputación que designará presidente/a efectivo a calquera deputado; como secretario das Comisións actuará o titular da Corporación ou quen legalmente o substitúa, podendo delegar nos funcionarios que teñan ao seu cargo a dirección administrativa do correspondente servizo.

Ningunha comisión poderá deliberar sobre asuntos da competencia doutra. Poderán convocarse reunións conxuntas de dous ou máis comisións cando a natureza dos asuntos así o aconsellase.

Cando se reúna a Comisión informativa os acordos adoptarán a forma de consulta, ditame ou proposta.

Listado:

  • Comisión de Cooperacion e Asistencia aos concellos e Medio Ambiente
  • Comisión de Economía, Recadación e Facenda
  • Comisión de Medio Rural e do Mar
  • Comisión de Xestión Territorial
  • Comisión de Promoción Económica e Social
  • Comisión de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes
  • Comisión de Turismo e Cultura
  • Comisión de Goberno Interior e Relacións Institucional
  • Comisión Especial de Contas