Darío Campos

Manuel Martínez Núñez

Non adscrito


Manuel Martínez Núñez naceu o 12 de setembro de 1954 en Baralla. Reside no Cereixal, unha aldea de Becerreá que dista uns 4 km. da capitalidade do municipio. Está casado e ten un fillo.

Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Pedagoxía, traballou coma mestre en varias escolas do municipio e posteriormente tamén foi mestre e director do CEIP "San Xoan" de Becerreá, ata que no ano 2007 acadou unha praza coma Inspector de Educación.

Ademais de Deputado das Cortes Xerais na III e IV Lexislatura (1985-1993), foi Secretario Xeral da Agrupación Local dende o ano 1992 ata o ano 2004. Membro do C.N.G. dende 1982 é integrante da Executiva Provincial dende 1979 ata 1989 e forma parte da Coordinadora Provincial de Lugo dende 1996.

É Deputado provincial dende o ano 1999. Nas lexislaturas 2007-2011 e 2011-2015 asumiu a responsabilidade de Delegado da Área de Infraestruturas da Deputación de Lugo; foi voceiro do Grupo Socialista e Delegado da Área de Vías e Obras da Deputación de Lugo entre 1999 e 2007 e de 2011 a 2015.

Na actualidade é Deputado non adscrito.

Vencellado ao Partido Socialista dende o ano 1979 e logo de varios mandatos como concelleiro en Becerreá (1995-1999, 1999-2003, 2003-2007), accede á alcaldía deste municipio na lexislatura 2007-2011, repetindo na 2011-2015 e na actual 2015-2019.

Nesta lexislatura tamén é Presidente da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA)

 

COMPETENCIAS

Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Lugo

 



PATRIMONIO

PATRIMONIO

COMPETENCIAS

AXENDA INSTITUCIONAL

CONTACTO

CONTACTO