Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia e o CB Breogán promoven a doazón nunha campaña xunto a ADOS

ADOS
CB Breogán
EFRÉN CASTRO
IRIA CASTRO

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Río Breogán colaboran un ano máis coa Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) na promoción da doazón.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o director xeral do CB Breogán Tito Díaz e a directora de ADOS Marisa López presentaron este mediodía a campaña, que se ven repetindo desde 2017 e que busca sensibilizar sobre a importancia deste acto altruísta que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Tras o acto,  Efrén Castro e a deputada de Cultura Iria Castro achegáronse a unidade móbil para doar sangue.

CB Breogán Ados

A iniciativa, incluída no marco do contrato de patrocinio entre a área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán concretará en accións de comunicación nas redes sociais do club e nos espazos publicitarios do Pazo dos Deportes no partido deste domingo ante Tenerife.

Ademais, as primeiras 50 persoas que se acheguen a doar sangue á Unidade Móbil instalada no fondo da Praza Maior de Lugo a partir desta tarde ás 15.30 horas e durante a xornada de mañá venres recibirán como agasallo entradas para o encontro  ante Morabanc Andorra -o vindeiro 10 de maio-.