Deputación de Lugo
Economía

EQUIGAL arranca hoxe no Pazo de Feiras de Lugo grazas ao impulso da Deputación

Equigal

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, percorreu este venres pola tarde o Salón Internacional do Cabalo, EQUIGAL, que se celebra ao longo deste mes no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo grazas ao apoio da institución provincial cunha achega de 40.000€, sendo un ano máis a principal patrocinadora deste evento. 

Rivera Capón puxo en valor esta cita que atrae a numeroso público e que xa é “un evento consolidado e recoñecido socialmente entre os amantes dos deportes ecuestres. Aquí non só podemos apreciar a beleza e a calidade destes animais, senón que tamén os nenos e nenas poden achegarse ao mundo ecuestre”. 

Entre hoxe e o domingo celebrarase o Concurso Nacional de Salto de Obstáculos; do luns 6 ao venres 10 de maio haberá bautismos ecuestres; entre os días 11 e 12 terá lugar un concurso internacional morfolóxico de cabalos e eguas de pura Raza Árabe; e tamén o día 12 o concurso morfolóxico de cabalo Pura Raza Galega.