O Servizo de Axuda no Fogar está enmarcado dentro do Plan Provincial Único de Cooperación Cos Concellos 2018, o cal é un Plan propio da Deputación Provincial de Lugo para o exercicio 2018 destinado aos 67 concellos da provincia, o cal trata de dar resposta ás situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía e responsabilidade (en qué e cómo gastar) mediante a ampliación e flexibilización do seu obxecto, que pasa a ser múltiple, facilitando tamén a planificación da actividade dos respectivos gobernos municipais.
Para cumprir coa finalidade de garantir a autonomía municipal, de forma que cada Goberno municipal decida e responda da súa decisión diante da veciñanza, créanse unhas liñas de achegas finalistas, destinado estes recursos orzamentarios ao finaciamento do Plan Provincial Único, atopánsode entre elas a liña destinada ao desenvolvemento social, en concreto ao servizo de axuda no fogar, en adiante SAF.
O obxecto deste programa é dar financiamento ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de prestación básica en réxime de acceso en libre concorrencia, para persoas empadroadas en concellos de menos de 20.000 habitantes na provincia de Lugo e que non teñan recoñecida a situación de dependencia no marco da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, ou de tela non as asista o dereito de acceso efectivo ao servizo de axuda no fogar, segundo o establecido na Lei 39/2006, pola Administración competente.
Ao abeiro do citado SAF, de conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso, poderán prestarse os seguintes tipos de actuacións de carácter básico, con cargo ao financiamento deste Plan:
a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio.
b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que incidan e axuden na mellora do contorno das persoas usuarias e da súa familia. Se é o caso, determinadas tarefas domésticas, como lavandaría e alimentación a domicilio, poderán ser facilitadas por servizos específicos.
c) Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria, tales como apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial ou similares, así como o seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.
d) Atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenvolvemento das capacidades persoais básicas, á mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar., para os caso regulados no punto 3 do artigo 14 do Decreto 99/2012.
O servizo de axuda no fogar, unha vez garantido o nivel básico de atención, poderá incorporar, ademais, os seguintes tipos de actuacións de carácter complementario:
e) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
f) Servizo de empréstito de axudas técnicas para persoas en situación de limitación temporal, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restricións na participación social das persoas, agás a teleasistencia e outras medidas complementarias a esta.
Tendo en conta as solicitudes realizadas polos concellos, para a anualidade 2018, probouse o seguinte financiamento
CONCELLO |
FINANCIAMENTO APROBADO DEPUTACIÓN SAF 2017 PLAN ÚNICO PROVINCIAL |
ABADÍN |
21.000,00 € |
ALFOZ |
31.882,59 € |
ANTAS DE ULLA |
28.000,00 € |
BALEIRA |
38.000,00 € |
BARALLA |
30.000,00 € |
BARREIROS |
21.018,43 € |
BECERREÁ |
22.040,64 € |
BEGONTE |
22.040,64 € |
BÓVEDA |
21.699,90 € |
BURELA |
39.290,73 € |
CARBALLEDO |
24.425,80 € |
CASTRO DE REI |
25.150,32 € |
CASTROVERDE |
15.039,17 € |
CERVANTES |
26.726,37 € |
CERVO |
10.788,01 € |
CHANTADA |
30.000,00 € |
O CORGO |
25.000,00 € |
COSPEITO |
21.440,57 € |
FOLGOSO DO COUREL |
22.000,00 € |
A FONSAGRADA |
26.470,22 € |
FOZ |
19.314,74 € |
FRIOL |
25.788,74 € |
GUITIRIZ |
25.000,00 € |
GUNTÍN |
27.000,00 € |
O INCIO |
24.085,06 € |
LÁNCARA |
13.000,00 € |
LOURENZÁ |
22.000,00 € |
LUGO |
0,00 € |
MEIRA |
14.978,31 € |
MONDOÑEDO |
30.000,00 € |
MONFORTE DE LEMOS |
23.744,62 € |
MONTERROSO |
23.749,68 € |
MURAS |
30.667,64 € |
NAVIA DE SUARNA |
15.000,00 € |
NEGUEIRA DE MUÑIZ |
19.314,74 € |
AS NOGAIS |
25.000,00 € |
OUROL |
26.470,22 € |
OUTEIRO DE REI |
30.000,00 € |
PALAS DE REI |
54.000,00 € |
PANTÓN |
25.887,74 € |
PARADELA |
20.000,00 € |
O PÁRAMO |
10.000,00 € |
A PASTORIZA |
23.062,85 € |
PEDRAFITA DO CEBREIRO |
22.041,14 € |
POBRA DO BROLLÓN |
46.196,86 € |
POL |
24.000,00 € |
A PONTENOVA |
50.000,00 € |
PORTOMARÍN |
22.381,37 € |
QUIROGA |
23.062,85 € |
RÁBADE |
20.835,49 € |
RIBADEO |
22.000,00 € |
RIBAS DE SIL |
22.040,64 € |
RIBEIRA DE PIQUÍN |
22.381,37 € |
RIOTORTO |
22.100,00 € |
SAMOS |
18.000,00 € |
SARRIA |
9.500,00 € |
O SAVIÑAO |
32.000,00 € |
SOBER |
26.129,48 € |
TABOADA |
24.425,80 € |
TRABADA |
24.746,81 € |
TRIACASTELA |
19.655,48 € |
O VALADOURO |
47.000,00 € |
O VICEDO |
22.300,00 € |
VILALBA |
75.000,00 € |
VIVEIRO |
75.000,00 € |
XERMADE |
23.403,58 € |
XOVE |
73.397,36 € |
|
1.797.675,96 € |