Menu toggle
Benestar Social

O Servizo de Axuda no Fogar está enmarcado dentro do Plan Provincial Único de Cooperación Cos Concellos 2017, o cal é un Plan propio da Deputación Provincial de Lugo para o exercicio 2017 destinado aos 67 concellos da provincia, o cal trata de dar resposta ás situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía e responsabilidade (en qué e cómo gastar) mediante a ampliación e flexibilización do seu obxecto, que pasa a ser múltiple, facilitando tamén a planificación da actividade dos respectivos gobernos municipais.

Para cumprir coa finalidade de garantir a autonomía municipal, de forma que cada Goberno municipal decida e responda da súa decisión diante da veciñanza, créanse  unhas  liñas de achegas finalistas, destinado estes recursos orzamentarios ao finaciamento do Plan Provincial Único, atopánsode entre elas a liña destinada ao desenvolvemento social, en concreto ao servizo de axuda no fogar, en adiante SAF.

O obxecto deste programa é dar financiamento ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de prestación básica en réxime de acceso en libre concorrencia, para persoas empadroadas en concellos de menos de 20.000 habitantes na provincia de Lugo e que non teñan recoñecida a situación de dependencia no marco da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, ou de tela non as asista o dereito de acceso efectivo ao servizo de axuda no fogar, segundo o establecido na Lei 39/2006, pola Administración competente.

Ao abeiro do citado SAF, de conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso, poderán prestarse os seguintes tipos de actuacións de carácter básico, con cargo ao financiamento deste Plan:
    a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria no propio domicilio.
    b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda que incidan e axuden na mellora do contorno das persoas usuarias e da súa familia. Se é o caso, determinadas tarefas domésticas, como lavandaría e alimentación a domicilio, poderán ser facilitadas por servizos específicos.
    c) Acompañamento persoal na realización doutras actividades necesarias da vida diaria, tales como apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial ou similares, así como o seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.
    d) Atencións de carácter psicosocial e educativo enfocadas ao desenvolvemento das capacidades persoais básicas, á mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar., para os caso regulados no punto 3 do artigo 14 do Decreto 99/2012.
O servizo de axuda no fogar, unha vez garantido o nivel básico de atención, poderá incorporar, ademais,
os seguintes tipos de actuacións de carácter complementario:
    e) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
    f) Servizo de empréstito de axudas técnicas para persoas en situación de limitación temporal, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restricións na participación social das persoas, agás a teleasistencia e outras medidas complementarias a esta.

Tendo en conta as solicitudes realizadas polos concellos, para a anualidade 2017, probouse o seguinte financiamento

 

CONCELLO

FINANCIAMENTO APROBADO DEPUTACIÓN SAF 2017

PLAN ÚNICO PROVINCIAL

ABADÍN

25.107,27 €

ALFOZ

23.134,39 €

ANTAS DE ULLA

28.000,00 €

BALEIRA

30.000,00 €

BARALLA

30.000,00 €

BARREIROS

21.018,43 €

BECERREÁ

22.040,64 €

BEGONTE

22.046,20 €

BÓVEDA

21.699,90 €

BURELA

39.290,73 €

CARBALLEDO

24.425,80 €

CASTRO DE REI

24.085,05 €

CASTROVERDE

22.040,64 €

CERVANTES

23.988,77 €

CERVO

18.974,00 €

CHANTADA

30.000,00 €

O CORGO

22.381,37 €

COSPEITO

15.040,90 €

FOLGOSO DO COUREL

25.000,00 €

A FONSAGRADA

26.470,22 €

FOZ

19.314,74 €

FRIOL

25.788,74 €

GUITIRIZ

24.766,53 €

GUNTÍN

27.000,00 €

O INCIO

24.085,06 €

LÁNCARA

20.000,00 €

LOURENZÁ

23.500,00 €

LUGO

0,00 €

MEIRA

14.978,31 €

MONDOÑEDO

28.155,08 €

MONFORTE DE LEMOS

23.744,32 €

MONTERROSO

23.749,68 €

MURAS

30.667,64 €

NAVIA DE SUARNA

24.425,80 €

NEGUEIRA DE MUÑÍZ

19.314,74 €

AS NOGAIS

25.000,00 €

OUROL

26.470,22 €

OUTEIRO DE REI

25.000,00 €

PALAS DE REI

50.000,00 €

PANTÓN

25.887,74 €

PARADELA

23.062,85 €

O PÁRAMO

10.000,00 €

A PASTORIZA

23.062,85 €

PEDRAFITA DO CEBREIRO

34.590,64 €

POBRA DO BROLLÓN

46.196,86 €

POL

22.040,64 €

A PONTENOVA

48.170,29 €

PORTOMARÍN

22.381,37 €

QUIROGA

23.062,85 €

RÁBADE

18.292,53 €

RIBADEO

36.000,00 €

RIBAS DE SIL

22.040,64 €

RIBEIRA DE PIQUÍN

22.381,37 €

RIOTORTO

22.040,64 €

SAMOS

14.820,09 €

SARRIA

9.500,00 €

O SAVIÑAO

45.000,00 €

SOBER

27.000,00 €

TABOADA

24.425,80 €

TRABADA

24.746,81 €

TRIACASTELA

19.655,48 €

O VALADOURO

48.062,85 €

O VICEDO

22.300,00 €

VILALBA

75.000,00 €

VIVEIRO

75.000,00 €

XERMADE

23.403,58 €

XOVE

76.328,95 €

TOTAL

1.835.160,00 €