O envellecemento demográfico da provincia de Lugo e seguindo coa tendencia dos últimos anos cada vez resulta máis acentuado. Este aumento da esperanza de vida debe ir da man dunha calidade de vida digna, máxime si se ten en conta que as persoas maiores teñen un peso cada vez máis importante na nosa sociedade e, polo tanto, estas persoas demandan a súa participación plena e activa nos distintos ámbitos da nosa sociedade.
A Deputación de Lugo en pro dun envellecemento activo promove diferentes medidas dirixidas a permitir que as persoas maiores desenvolvan o seu potencial de benestar físico, social e psicolóxico, centrándose na importancia de dar unha imaxe pública positiva deste colectivo, ademais, de pretender mellorar a calidade de vida das mesmas a medida que envellecen, favorecendo, deste xeito, as súas oportunidades de desenvolvemento para unha vida saudable, participativa e segura, pero principalmente promocionando a súa autonomía. O envellecemento activo implica, polo tanto, entender esta etapa da vida como un ciclo máis de crecemento persoal, engadindo "vida aos anos e non soamente anos á vida".
A provincia de Lugo conta na actualidade con os actuais establecementos balnearios, os cales están dotados dos medios adecuados, utilizando as augas minero-medicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde. Os balnearios son espazos propicios para obter unha maior calidade de vida e, polo tanto, os tratamentos que neles se prestan contribúen a facer realidade a concepción que da saúde ten a Organización Mundial da Saúde: un estado de completo benestar físico, mental e social (biopsicosocial).
Por todo elo, dende a Deputación de Lugo, considérase de gran importancia a posta en marcha de medidas que contribúan á promoción da autonomía persoal e o envellecemento activo, así como, a prevención e a detección precoz da dependencia, sendo estas as claves para que as persoas maiores poidan gozar dunha vida máis saudable e independente. Entre as medidas que dende esta entidade Local se desenvolven, está o programa LugoTermal 2021-2022, o cal permite a 1.320 persoas acceder aos tres balnearios da provincia de Lugo: BALNEARIO Y TERMAS DE LUGO, S.L., HOTEL BALNEARIO AUGAS SANTAS, S.L, BALNEARIO DE RIO PAMBRE, S.L.
O prazo de inscrición comezará o día xx de xxxx e rematará o 30.06.2022 ou cando se esgoten as prazas dispoñibles.
OPCIÓN A : ESTANCIA + TRATAMENTOS (189,50€ IVE ENGADIDO)
OPCIÓN B : TRATAMENTO SEN ESTANCIA (200,00€ IVE ENGADIDO)
30 técnicas terapéuticas durante dez días, sen necesidade de estancia na entidade adherida.
REQUISITOS PARA PARTICPAR:
A persoa solicitante titular deberá cumprir os requisitos de estar empadroada nalgún dos concellos da provincia de Lugo e ser maior de 50 anos cumpridos no momento de efectuar a solicitude.
A solicitante titular, poderá participar cunha persoa acompañante que non cumpra os requisitos contemplados no parágrafo anterior.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA
BASES DA CONVOCATORIA
MODELO DE RENUNCIA