Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación súmase aos actos conmemorativos polo Día Mundial contra o Cancro

Asociación Española Contra o Cancro

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres nos actos organizados na Porta de San Fernando da Muralla de Lugo con motivo do Día Mundial contra o Cancro, que se celebra mañá en sinal de apoio ás persoas que padecen esta doenza e as súas familias. Así mesmo, a institución provincial únese a campaña que o colectivo puxo en marcha nas redes sociais para concienciar á poboación sobre esta enfermidade que afecta en España a 1 de cada 2 homes e a 1 de cada 3 mulleres. A maiores, a Deputación de Lugo colabora anualmente coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) cunha achega de 8.000€ para facilitar a atención psicosocial dos pacientes oncolóxicos da provincia.