Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia impulsa a primeira edición do Premio de Ciclocrós Deputación de Lugo, o xoves en Outeiro de Rei

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
CICLOCRÓS

 A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa a primeira edición do Premio de Ciclocrós Deputación de Lugo, que se celebrará o vindeiro xoves 8 de decembro en Outeiro de Rei da man do Team Bike Outeiro.

A área de Deportes financia a organización da proba,  que contará con máis de 200 participantes e que puntuará para o Copa Galicia da modalidade e para o ranking estatal. O escenario da competición será un circuíto acondicionado no polígono de Outeiro, cun percorrido de 2,8 quilómetros, con diferentes obstáculos naturais e artificiais.

O deputado Efrén Castro, acompañado por representantes do club e da corporación municipal, presentaron a competición, a primeira destas características que se celebra na provincia de Lugo. Reunirá participantes das categorias cadete, junior, sub 23, élite e máster, masculina e feminina.

O responsábel provincial valorou a proba como “un incentivo para o desenvolvemento desta modalidade ciclista nos clubs da provincia, que teñen nesta proba a posibilidade de competir cos mellores de Galiza desde as categorías de base” e animou a todos os afeccionados e afeccionadas ao ciclismo a achegarse ata Outeiro de Rei para seguir a proba.

O responsable de Team Bike Outeiro e responsable da proba Marcos Gascón mostrouse satisfeito coa participación acadada, con presenza de equipos de toda Galicia e lembrou que o circuíto está dispoñible desde hoxe para que adestramentos.

Horarios da proba

9.00 horas
Recoñecemento do circuíto

9.30 horas
M30, M50, M60 masculino

10.30 horas
M40 masculino

11.30 horas
Trofeos Master Masculino

11.45 hhoras
Cadete masculino

12.30 horas
Elite, sub 23, junior, cadete e master feminina
13.30 horas
Elite, sub 23 e junior masculino

Ao remate das mangas competitivas, haberá unha exhibición de deportistas da categoría infantil e entregaranse os trofeos.