Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación destaca a traxectoria de Ana Vázquez na queixería Airas Moniz

MEDIO RURAL DEPUTACIÓN
AIRAS MONIZ
ANA VÁZQUEZ MÁRQUEZ
LUCENSES DO ANO

Medio Rural da Deputación de Lugo trasmitiu a Ana Vázquez Márquez, de Airas Moniz, os parabéns polo premio Lucenses do Ano, que outorga o xornal El Progreso e que recoñece o seu traballo na queixería chantadina, dedicada á elaboración de queixos con leite de vaca da raza jersey que acumulan numerosos recoñecementos pola súa calidade.

Airas Moniz forma parte da rede de granxas e producións artesanais do proxecto Da Escola á Granxa impulsado pola área dirixida por Mónica Freire, que achegara pícaras e pícaros de colexios de toda a provincia a iniciativas exitosas de emprendemento no rural, coa intención de asentar unha visión positiva do noso tecido produtivo primario e recuperación da autoestima da labor dos nosos agricultores e gandeiros.