Deputación de Lugo
Turismo

O cordeiro e o queixo protagonistas en Chantada do programa da Deputación Saborea a túa provincia

saborea a tua provincia

A Deputada de Réxime Interior,Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo en Chantada no programa Saborea a túa provincia. Os asistentes a esta xornada gastronómica e de lecer gratuíta, impulsada pola Deputación de Lugo, aprenderon a elaboración de gyozas de cordeiro e queixo azul de Airas Moniz, da man do cociñeiro Bruno Pena, e degustaron produtos de proximidade. Durante a xornada, que estivo amenizada por Meigas e Trasgos e Atlántica, os máis pequenos cociñaron o seu propio prato.

Saborea a túa provincia consolida o modelo de turismo de calidade, sostible, de experiencias, con capacidade para atraer visitantes todo o ano e que contribúe a crear riqueza e a crear emprego no que traballa a institución provincial. Tras o seu paso por Pantón e Chantada esta fin de semana, a Deputación de Lugo, levará ata o 2 de setembro o autobús cociña polos concellos de Taboada, Trabada, O Valadouro, Vilalba, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pol.