Deputación de Lugo

O Presidente asiste á entrega de mando ao novo Subdelegado de Defensa na provincia, Fernández Arrojo

Subdelegado de Defensa

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes na entrega do mando da Subdelegación de Defensa en Lugo ao Coronel de Intendencia do Exército de Terra Juan José Fernández Arrojo. O novo responsable recibiu o bastón de mando de Fernando Brinquis Crespo, que estivo no cargo provincial estes dous últimos anos. Tomé Roca mantivo a semana pasada un encontro con Brinquis e Fernández Arrojo, a quen felicitou pola súa nova responsabilidade e ambos amosaron a vontade de colaboración e compromiso coa provincia nesta nova etapa.