Deputación de Lugo

José Tomé Roca presidiu a Xunta Reitora da UNED de Lugo para un balance do curso académico

UNED

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes a Xunta Reitora da UNED de Lugo que se celebrou na sede que a universidade a distancia ten na cidade lucense. Nesta sesión ordinaria fíxose un balance do curso académico a través das accións formativas, así como un balance económico. Tamén se estudaron accións futuras que a UNED pode poñer en marcha nos vindeiros cursos.

A institución provincial fai unha achega total de preto de 300.000 euros anuais para o funcionamento do centro e a posta en marcha de diferentes proxectos cos que o seu alumnado pode ampliar a formación.

A Deputación foi a entidade que financiou a construción das instalacións da Universidade de Educación a Distancia en Lugo, saldando así unha débeda histórica, pois ata ese momento era a única capital de provincia de Galicia sen sede. Tomé Roca asinou o pasado mes de maio a cesión gratuíta, por 49 anos, do inmoble do centro asociado da UNED en Lugo á universidade.