Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación colabora co Concello de Lugo no Arde Lucus para a representación do circo romano

arde lucus
ASPANANE
A Xunta de Goberno aprobou unha achega económica de 28.000€ coa que a institución provincial renova o seu compromiso de colaboración “con esta cita coa historia romano castrexa de Lugo, que este ano recupera todo o seu esplendor, e polo tanto tamén, toda a súa capacidade como revulsivo económico para a cidade”, subliñou Pilar García Porto

A institución provincial achegará máis de 45.000€ ao Concello de Viveiro para acometer a pavimentación e drenaxe dos exteriores do Centro Ocupacional do municipio para persoas con discapacidade

A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, informou de que a Xunta de Goberno aprobou este venres un convenio de colaboración co Concello de Lugo para a celebración do Arde Lucus. A Deputación de Lugo achega 28.000€ a este festexo para a representación do circo romano.

García Porto destacou que a institución provincial mantén “un compromiso de colaboración importante coa celebración desta cita coa historia romano castrexa de Lugo, que este ano recupera todo o seu esplendor, e polo tanto tamén, toda a súa capacidade como revulsivo económico para a cidade”. 

A Xunta de Goberno aprobou tamén hoxe un convenio de colaboración co Concello de Viveiro para a pavimentación e drenaxe dos exteriores do Centro Ocupacional do municipio mariñán, xestionado por ASPANANE. Estes traballos, “necesarios para o bo funcionamento deste servizo tan importante”, terán un custe de preto de 50.000€, dos que a Deputación achega practicamente o 90%, en concreto, 44.242”, explicou a voceira socialista.

Ademais, a Xunta de Goberno deu luz verde a un convenio de colaboración co Concello de Vilalba para acometer o proxecto de reurbanización da rúa da Pravia por un importe próximo ao millón de euros (935.774,25€). Dese importe, a Deputación achegará 500.000€, 250.000 a través deste convenio e outros 250.000€ por medio do Plan Único deste ano 2022, mentres que un total de 435.774,25€ procederán de financiamento municipal. 

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do contrato para o servizo de mantemento e conservación de edificios da Deputación por un importe de 141.128,98€ a Acierta Asistencia, S.A. O contrato inclúe o Pavillón 4 e a Capela de Santa María, o Museo Provincial, o Pazo dos Deportes e o Pavillón Anexo, a Escola de Piragüismo e os museos de San Paio de Narla, do Mar e o Pazo de Tor. Entre os traballos incluídos neste contrato está a construción de cubertas e estruturas de peche, outros traballos de construción e retirada de pintadas. “Isto favorecerá o bo funcionamento das actividades levadas a cabo nas instalacións provinciais, permitindo tamén unha boa conservación do patrimonio da provincia”, sinalou a voceira socialista. 

 Funcionamento dos centros de maiores

A Xunta de Goberno acordou a adxudicación do contrato para a prestación do servizo de mantemento integral das instalacións térmicas e de control e prevención de lexionela nos centros de maiores da Fonsagrada, Pol, Trabada, Pedrafita do Cebreiro, Castroverde e Meira, que xa están en funcionamento, e tamén de Navia de Suarna e Ribas de Sil, que está previsto abrilos este ano. 

A empresa Servicios Integrales de Gestión y Mantenimiento S.A será a encargada de realizar estes traballos por preto de 70.000€ e unha duración dun ano, prorrogable por outro máis. García Porto recordou que se trata “dun trámite necesario para manter abertos os centros de maiores de titularidade provincial, o que dá boa conta da previsión e da vontade de cumprir os compromisos cos concellos que ten este Goberno provincial en materia de residencias”.

Novas actuacións grazas ao Plan Único en Lourenzá

A Xunta de Goberno aprobou a solicitude do Concello de Lourenzá para investir remanentes do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021 en novas actuacións. O goberno local destinará máis de 20.000€ para a mellora das rúas de núcleos rurais de Castiñeiras Verdes e A Covela (Santo Tomé) e Condomiña (Santa María).

Aspanane