Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participa no 178º aniversario da fundación do corpo da Garda Civil

Garda Civil
José Tomé Roca recibiu un recoñecemento pola colaboración que prestou a institución provincial coa organización da recente visita do Rei Filipe VI ao concello de Sarria

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves nos actos conmemorativos do 178º aniversario da fundación do corpo da Garda Civil que tiveron lugar na Comandancia da benemérita en Lugo. Tomé Roca recibiu un recoñecemento polo traballo da institución provincial na visita do Rei Filipe VI ao Concello de Sarria. No acto tamén participaron a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o coronel xefe da Comandancia Garda Civil, Miguel Ángel González Arias. 

Ademais do apoio para a intendencia e a organización da visita do Rei Filipe VI a Sarria, a Deputación tamén colaborou coa Garda Civil hai pouco máis dun ano co financiamento dunha vitrina para a conservación da única bandeira republicana que o corpo armado ten en Galicia. Esta insignia de 1935 retornou á provincia en 2019 dende o Museo de Valdemoro, logo de 75 anos en Madrid, e baixo a condición do cumprimento de estritas condicións de mantemento dada a súa antigüidade e o seu valor histórico.