Convocatorias de prensa
CONVOCATORIAS DE PRENSA PARA O VENRES, 16 DE ABRIL
9:30 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, dará a benvida ao novo persoal da institución provincial.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
11:00 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- Reunión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
12:00 HORAS.- O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, dará conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-
A rolda de prensa retransmitirase en directo a través da canle de Youtube do Servizo de Audiovisuais no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=LXwA48KZYSA
Facilitamos a posibilidade de formular preguntas por WhatsApp no seguinte número de teléfono: 696 17 53 66
De todos modos, os xornalistas que queiran asistir de maneira presencial poderán facelo.
12:00 HORAS.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitarán xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o I.E.S. Ánxel Fole con motivo do Programa da Semana Escolar organizada pola institución provincial.
I.E.S. Ánxel Fole –Lugo-
17:30 HORAS (SÓ GRÁFICOS).- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asiste á reunión do padroado da Fundación do Campus Universitario.
Sala de Xuntas –Deputación de Lugo-