As rutas fluviais da Deputación pola Ribeira Sacra tiveron esta Semana Santa preto dun 80% de ocupación
“Son cifras boísimas, tendo en conta o mal tempo que fixo estes días en toda Galicia”, valorou a Deputada de Réxime Interior Promoción do Territorio e Turismo, “unha acollida que dá boa conta da calidade deste servizo público e do seu impacto na comarca”
A institución provincial volverá reforzar os horarios nos canóns do Sil e do Miño na ponte do 1 de maio pola festividade do Traballo e as persoas interesadas poden adquirir os seus billetes na páxina: reservas.rutasembalses.es
Lun, 21/04/2025 - 14:24