O Presidente participa en Vigo nun almorzo informativo co Presidente da Generalitat, Salvador Illa

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, compartiu este venres co Presidente da Generalitat, Salvador Illa Roca, un almorzo informativo que tivo lugar na sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo. O foro Prosperidad compartida enmárcase dentro dunha xira que está a realizar Illa Roca da man do diario El Periódico -Grupo Prensa Ibérica- e que xa se celebrou en cidades como Zaragoza ou Pamplona. Neste evento, no que o Presidente da Generalit compartiu cos asistentes o seu modelo territorial, tamén participou o Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero Álvarez, e o director do diario Faro de Vigo, Rogelio Garrido, entre outras autoridades.
