Deputación de Lugo

A Deputación súmase ao minuto de silencio polas vítimas da DANA en Valencia e Castela A Mancha

Pablo Rivera Capón
Minuto de silencio DANA

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, gardou un minuto de silencio esta mañá na concentración convocada diante do Concello de Lugo en recordo e homenaxe ás vítimas das inundacións provocadas polo paso da DANA nas comunidades de Valencia e Castela A Mancha. O Deputado manifestou a súa profunda consternación ante a traxedia que está a provocar o falecemento de tantas persoas e transmitiu o apoio ás familias das vítimas e das persoas desaparecidas. 

Ao acto, tamén asistiu a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo, o Concelleiro de Dinamización Económica e Benestar Social, Mauricio Repetto, e a Concelleira de Cohesión Social y Territorial, Ana González Abelleira, entre outras autoridades.