Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación colabora co programa de estimulación cognitiva de AFALU cunha aportación de 20.000€

Día Mundial do Alzheimer
afalu
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres nos actos do Día Mundial do Alzhéimer que tiveron lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo baixo a organización da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres nos actos do Día Mundial do Alzhéimer que tiveron lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo baixo a organización da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Lugo (AFALU). Na cita, Rivera Capón lembrou que a Deputación de Lugo mantén unha achega anual de 20.000€ a AFALU para colaborar na atención dos doentes e das súas familias. 

En concreto, a institución provincial financia un programa de estimulación cognitiva que ten como finalidade mellorar a autonomía e independencia persoal, así como manter e recuperar capacidades das persoas con Alzhéimer para enlentecer ao máximo o avance da enfermidade. 

Unha axuda económica “que serve para desenvolver terapias de orientación á realidade, de rehabilitación das habilidades cognitivas como a linguaxe, a memoria, a atención e a xestualidade, de psicomotricidade, musicoterapia, laborterapia e ludoterapia”, explicou o Deputado, que engadiu que esta achega permite tamén ao colectivo ofrecer formación especializada, atención psicolóxica e familiar.