Cooperación concellos
Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación colabora con Cubelas para impulsar a I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo

Ribadeo
CUBELAS
turismo

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, participou este venres no acto de presentación da I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo, que organiza esta fin de semana a asociación veciñal San Vicente de Cubelas, do concello ribadense, e coa que colabora a institución provincial sufragando os gastos dun dos concerto que completan o programa. 

A presentación desenvolveuse no pavillón de deportes da parroquia, onde este sábado centos de persoas se renderán ao menú que o colectivo veciñal propón con produtos de proximidade. Loureiro subliñou que a comarca da Mariña “é especialmente rica en produtos da terra e do mar que enriquecen os nosos pratos e, que, moitas veces non os valoramos como deberamos, e nese sentido felicito á asociación de veciños por impulsar esta iniciativa no marco das súas Festas das Dores, que seguro que vai ser un éxito”. Así mesmo, asegurou que a Deputación ten como un dos eixos de traballo impulsar e darlle visibilidade aos produtos quilómetro 0. Proba diso é o programa Saborea a túa provincia co que a institución provincial percorreu durante os dous últimos veráns distintos municipios lucenses para amosar as potencialidades
dos produtos de proximidade.