Deputación de Lugo

O Presidente asiste ao acto de imposición da faixa como Xeneral de Brigada da Garda Civil ao lucense Miguel Ángel González Arias

Garda Civil

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves ao acto de imposición da faixa como Xeneral de Brigada da Garda Civil ao lucense Miguel Ángel González Arias. Un acto que acolleu o Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, e ao que tamén asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, entre outras autoridades.

Tomé Roca felicitou a González Arias polo seu novo cargo e desexoulle sorte na súa nova etapa. No acto fíxose repaso á súa carreira profesional na Garda Civil, que comezou en Lugo e na Coruña, pasando tamén polo País Vasco e Madrid, e finalmente, na provincia de Lugo de novo.

O seu nomeamento -por Real Decreto- asinado pola Ministra de Defensa, Margarita Robles, publicouse o pasado 15 de xuño no Boletín Oficial do Estado, un día despois de que o Consello de Ministro avalase o seu ascenso.