Deputación de Lugo

A Deputación apoia a Feira de Artesanía e Produtos Naturais de Samos cunha achega de 4.600€

Samos
Feira Artesania de Samos

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este mércores á décimo cuarta edición da Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte Lóuzara, no concello de Samos. A Deputación de Lugo achega a esta cita, que busca dinamizar a vida social e económica do municipio, 4.600€ a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos. Na visita, na que percorreron algúns dos postos da feira con produtos tradicionais e naturais, Rivera Capón estivo acompañado de Julio Gallego Moure, Alcalde de Samos.