Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputada de Muller e Igualdade participa no I Encontro de Alcaldesas que se celebra na Coruña

muller
María Loureiro García
A CORUÑA
María Loureiro asistiu a este foro para a reflexión sobre a presenza da muller en postos de responsabilidade dende a perspectiva local

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, participou este xoves no I Encontro de Alcaldesas que acolleu o Palexco da Coruña. Un foro no que se reflexionou sobre a presenza da muller en postos de responsabilidade dende a perspectiva local que contou coa presenza, entre outras mulleres, da Ministra de Política Territorial e voceira do Goberno de España, Isabel Rodríguez, e da presidenta da Comisión de Igualdade no Congreso na actualidade e exvicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo.

Nesta xornada participaron alcaldesas de diferentes cidades de España e de diferentes formacións políticas que repasaron a súa experiencia, compartiron obxectivos comúns e plantexaron os retos do futuro. Participaron Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo; Ana González, de Gijón; Núria Marín, de Hospitalet de LLobregat; Noelia Arroyo, de Cartaxena; ou Marta Farrés, de Sabadell, entre outras rexedoras de todo o país.