Menu toggle
Mocidade
xuventude

 

O Goberno da Deputación considera necesario actuar coa mocidade en distintos aspectos, coa intención de que os mozos/as lucenses queden na provincia e non emigren a outros lugares, dándolles a oportunidade de continuar coa formación, non só académica, senón integral, en distintos aspectos da súa vida.
Para implantar e canalizar esta intención, e contando coa axuda das distintas áreas da Deputación, o Goberno provincial ofrece un plan estratéxico para:

Proporcionar asesoramento das iniciativas xuvenís  xurdidas tanto a nivel individual como colectivo.

  • Un servizo de orientación legal, como por exemplo, para adquisición de vivenda (aluguer e axudas ao aluguer; compra 1ª vivienda; acceso a vivendas de protección oficial; acceso as vivendas de protección oficial; axudas para a rehabilitación, etc.
  • Asociacionismo.
  • Ocio e tempo libre mediante o deporte e o turismo.
  • Campos de traballo (voluntariado; con pequenos contratos para, por exemplo, a reforestación do monte).
  • Bolsas e prácticas na Deputación: en Fundación TIC, CENTRAD,
  • Campañas de prevención de violencia de xénero en adolescentes.
  • Achegas a entidades xuvenís (asociacións e consellos locais de mocidade).
  • Organización de encontros provinciais (por exemplo, sobre drogodependencia e adiccións)
  • Información de Erasmus FP grado medio; prácticas en Institucións Europeas; servizo de voluntariado europeo; plataforma Eurodesk, Europa Direct, etc.
  • Garantía juvenil: iniciativa de UE que ten como obxecto ofrecer a mocidade entre 16 e 29 anos que non está estudando e/ou sen emprego; oferta de traballo, formación de aprendiz ou un curso nun centro de ensino para que adquiran a formación, competencias e experiencias necesarias para aumentar as súas posibilidades de encontrar un traballo.

Todo isto en coordinación cos Plans de Emprego, Lugo Work, etc. que xa posúe esta Deputación.