Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade
Curso de Rapa de Ovellas

 

OVICA (Asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia) naceu en 1994. Nestes anos logrou agrupar a produtores de gando ovino e caprino, tanto de carne coma de leite no conxunto de Galicia. Trátase dun  axente dinamizador do sector grandeiro, impulsando a súa estruturación e desenvolvemento. OVICA realiza actividades de promoción, formación, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego, co obxectivo de lograr un sector ovino e caprino competitivo e sostible e contribuíndo á mellora do nivel das producións e da calidade de vida do gandeiros. OVICA tamén ten presenza en Facebook, Twitter e Instagram.

 

Desde a área de Medio Rural, Mar e Mocidade, apoiamos á asociación e a súa aposta polo desenvolvemento e valorización do medio rural  colaboramos na celebración de cursos de rapa profesional, mediante unha axuda nominativa de 8.950 euros. Un proxecto fundamental para a profesionalización do sector primario e do tecido produtivo da provincia de Lugo, mediante a formación regrada e de calidade.

Esta actuación consiste na aprendizaxe da técnica propia do esquileo, e no coñecemento de diversos aspectos relativos á explotación, manexo, fisioloxía e morfoloxía deste tipo de animais. Contou ademais coa posibilidade de poñer en práctica os coñecementos nun rabaño. O curso contou con 20 horas de teoría e  20 horas de práctica para poder probar un ovellas o manexo coas máquinas de tosquiado.