TRABALLOS EN EXPLOTACIÓNS DE VACÚN DE LEITE E CARNE

O programa "Desenvolvendo o Rural", entre outras, inclúe a liña de capacitación profesional, para dignificar e profesionalizar diferentes sectores.

Esta acción formativa está destinada a preparar e capacitar as persoas para traballar en granxas de leite e carne.

Desenvolverase en base a 4 aspectos formativos integradores:

  • Manipulación de Fitosanitarios
  • Benestar Animal
  • Seguridade e saúde no traballo e
  • As actividades específicas no desenvolvemento das labores nas explotacións de vacún de leite

Con esta formación adquiriranse os coñecementos e habilidades teórico prácticos indispensables para traballar nunha explotación vacún de leite ou carne.

 

BOLSA DE TRABALLO

Ao finalizar a formación dende a Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, crearase unha bolsa de traballo especializado cos participantes, por orde de puntación na valoración do desempeño da formación, con posibilidade de incorporación as explotacións gandeiras da provincia.

NOTA INFORMATIVA

LISTAXE DE CITACIÓNS

LISTAXE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Axenda emprego