Menu toggle
Cooperación cos Concellos

Programa de axudas para a recuperación de terras abandonadas. Ano 2019 - Plans especiais


Axudas de concorrencia competitiva para a recuperación de terras abandonadas, destinadas a gandeiros, agrupacións de produtores, SATs e agricultores a título principal que sexan titulares de explotacións, que dispoñan dun mínimo de unha hectárea de superficie.

Nesta edición do ano 2019, a inversión da Deputación de Lugo é de 142.540,15 euros. A subvención por hectárea é de 500 euros e cada beneficiario poderá recibir un máximo de 9.000 euros.

Os interesados poderán solicitalas ata o día 7 de xuño de 2019.

Descarga das bases e modelos de solicitude

Resolución da Concesíon das Axudas (Estimadas e Desestimadas)

- XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS:

A documentación a presentar detállase na Base 14 das Bases da Subvención 2019 (formato pdf). Se non dispón de cartel indicativo da axuda, os técnicos da Deputación levaranllo ao realizar a visita de certificación.

Descarga dos Anexos da Conta Xustificativa da subvención

No caso de presentar a documentación pola sede electrónica e xustificar mediante facturas ou demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercatil ou con eficacia administrativa, poderá presentar ditos documentos escaneados, xunto coa seguinte declaración responsable:

Dado que os prazos administrativos se reanudaron o 1 de xuño de 2020 (art. 9 RD 537/2020), o prazo máximo fixado para a execución da actividade será o 18 de xullo de 2020 e o prazo de xustificación será de 2 meses dende a execución (18 de setembro de 2020).

Axenda Cooperación cos Concellos