ANUNCIO INFORMATIVO-
CONTRATACIÓN DE PRESTACIÓNS A PERSOAS MAIORES, NOS CENTROS DE ATENCIÓN DE TRABADA E RIBADEO. EXP0033SE18-ABO
Pola presente, ponse no coñecemento de todos os posibles interesados, que con data 4 de decembro do 2018 publicouse no perfil do contratante da Deputación de Lugo (Xunta de Goberno), aloxado na plataforma de contratos do sector público, o anuncio de licitación e os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas reitores da contratación de prestacións a persoas maiores, nos centros de atención (CAM) de Trabada e Ribadeo. EXP0033SE18-ABO.
Pode consultar os datos da licitación de referencia na seguinte ligazón: EXP0033SE18-ABO