Pablo Rivera Capón

Pablo Rivera Capón

PSdeG-PSOE


Pablo Rivera Capón naceu en Láncara o 26 de setembro de 1983.

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, tamén está en posesión do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) despois de cursar o programa de doutorado "Procesos Políticos Contemporáneos" e do Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) do Instituto de Ciencias da Educación (ICE), expedidos por esa mesma universidade. Está especializado en Liderazgo e Xestión Pública Avanzada na Administración Local e Autonómica pola Escola de Organización Industrial dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

É profesor-titor universitario do Grao de Ciencias Políticas e Administración e do Grao de Criminoloxía no Centro Asociado da UNED en Lugo.

No sector privado desenvolveu traballos en importantes e recoñecidas consultoras empresariais e tecnolóxicas a nivel nacional, durante máis de 5 anos.

No eido político, afiliouse ao PSdeG-PSOE con 18 anos. Dende 2011 é Concelleiro en Láncara e 1º Tenente de Alcalde na actualidade, así como coordinador do PSOE provincial de Lugo na Comarca de Sarria.

Neste terceiro mandato progresista, Rivera Capón convértese no Deputado máis novo logo de ser elixido como un dos representantes do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Lugo.


COMPETENCIAS

Deputado da área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes

Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Lugo

Membro da Xunta de Goberno



PATRIMONIO

PATRIMONIO

COMPETENCIAS

AXENDA INSTITUCIONAL

CONTACTO

CONTACTO