Benestar Social e Igualdade
O Presidente anuncia que hoxe arrancaron as obras de construción da residencia da Pobra do Brollón
As máquinas comezaron a traballar este mediodía na parcela, logo de que o luns os técnicos da Deputación e a empresa adxudicataria asinaran a acta de replanteo para construír o Centro de Atención a Maiores, no que a Deputación de Lugo inviste 2,2M€
José Tomé: “Cumprimos co noso compromiso cos veciños e veciñas da Pobra do Brollón de sacar adiante esta residencia e de empezar as obras nesta segunda quincena de abril”
O centro, situado na Avenida de Outeiro nun solar 1.779 m2, contará con 36 prazas e creará 25 postos de traballo directos
Mér, 17/04/2024 - 15:13