A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria de data 13 de novembro de 2020 acordou realizar a convocatoria pública de participación para a solicitude de autorización para o uso dos denominados Hortos do Río Rato, e mediante outorgamento directo en execución da Disposición Transitoria do Regulamento das Hortas urbanas ecolóxicas da Excma. Deputación Provincial de Lugo publicado BOP nº 156 do 9 de xullo de 2020.
A autorización outorgarase por un prazo de dous anos e non será en ningún caso transmisible. Ademais, outorgarase con carácter gratuíto e non se esixirá a constitución de garantía.
Os interesados (que deberán acreditar ter sido usuarios dunha horta urbana ecolóxica no parque do río Rato e de Paradai) presentarán no Rexistro da Deputación Provincial en sobre pechado no que se escribirá na parte exterior ”Solicitude de uso do dominio público provincial denominado Hortos Urbanos do Río Rato“ (Anexo I).
O prazo para a presentación da solicitude de participación será de 10 días a contar dende o día seguinte á publicación deste procedemento no BOP (do mércores 18/11/2020 ata o martes 01/12/2020 ambos inclusive).
No sobre incluirase a seguinte documentación de carácter xeral referente ás condicións para ser admitido ao procedemento:
ANEXOS
Anexo I (Editable) Anexo I (imprimir) Anexo II (Editable) Anexo II (imprimir)
OUTRA DOCUMENTACIÓN
Convocatoria adxudicación directa hortos Rato (BOP 17/11/2020)
Regulamento das hortas urbanas (BOP 09/07/2020)